martes, 8 de octubre de 2024

Concentración en Santiago

Boa tarde, dende a Confederación de Anpas están a valorar facer unha concentración masiva en Santiago este mes de outubro.

Sería para protestar polos recortes, a falta de reforzos de profesorado, os recortes en PT preferentes, e todo o que levamos comentando estas semanas.

Precisan que dende as ANPAs fagamos unha enquisa, tanto xunta directiva coma familias asociadas, de quen estaría disposto a acudir a Santiago.

Estase valorando facela un fin de semana para que poida acudir máis xente. Podedes contestar aquí para poder facerlles chegar resposta? Graciñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario